4.0675675675676 1 1 1 1 1 Rating 4.07 (74 Votes)

Unha asociación exemplar en Xaviña

Parte dos integrantes da Asociación nun día de festa.. que tamén os hai na asociación
Parte dos integrantes da Asociación nun día de festa.. que tamén os hai na asociación

A nosa colaboradora especial en Xaviña Rosa Ana Rodríguez Santos ven de facernos un exhaustivo traballo de recopilación sobre o que é esa gran asociación xuvenil Abrindo Rejo de Xaviña. Unha asociación que ademáis de xuntar a toda a xuventude de Xaviña no seu local social organiza importantes actos musicais coma a famosa Xoldra Enxebre do Ariño (Xaviña) na que se dan cita estrelas do folk galego de renome internacional.

Este ano pasado actuou Cristina Pato. Hai uns anos actuou tamén Luar na Lubre que foron teloneados por un dos millores grupos e, ao mesmo tempo, máis fugaces do panorama musical da Costa da Morte, dito grupo chamábase Ronsel de Arnela, pero esta é outra historia...para ver o artigo de Rosa Ana pulsa na foto. Podes enterarte de todo o que fai esta asociación na súa web: WWW.ABRINDOREJO.COM

Unha das súas primeiras actividades: O Grupo de Gaitas Airiños do Vilán
Unha das súas primeiras actividades: O Grupo de Gaitas Airiños do Vilán

A ASOCIACIÓN C.X.D. ABRINDO REJO de Xaviña, naceu pola necesidade de mover á xuventude de Xaviña e xuntala como o facíamos antes co grupo de gaitas, o que todos e todas botamos de menos. Á par, que tivesen un sitio único dela e para ela, creando un sentimento de responsabilidade polo seu, polo de todos/as. Gracias a Asociación de Veciños e Montes, temos unha parte da nosa casa da Sociedá.

Fixemos moitas actividades no noso camiño, dende excursións, roteiros e proxección de filmes, ata a creación da primeira biblioteca, sala de ordenadores con conexión a internet, sala de ocio e lecer con mesa de ping-pong, futbolín, etc. ; e a creación da primeira páxina web do pobo (www.abrindorejo.com). E como non, as festas de Entroido e a xa coñecidísima Xoldra Enxebre.

O sábado 8 de decembro fixemos unha festa de Nadal para reunir aos socios/as, xa que antes nunca tal fixéramos e cremos que xa era hora de reunirnos todos/as ou gran parte dos mesmos/as. Asistiron 38 persoas no Bar Rojo e recordamos dunha maneira ou doutra (a través dun diaporama e un vídeo de cando fomos tocar a Luar os de Airiños do Vilán) algúns dos mellores momentos que pasamos en Abrindo Rejo e algún outro de cando éramos pequenos no grupo de gaitas. Ese día sacamos algunha que outra idea que esperamos levar a diante.

Image

Ademais, recentemente, pedimos unha subvención para o que se vai chamar A Semana do Deporte na Rúa e, aínda que non nos deron todo o que pedimos, si nos deron gran parte e vamos a levala adiante. Esta semana está prevista para a semana do 22 (inauguración) e o 30 (clausura), semana na cal pretendemos e esperamos:

  • Animar e estimular a nenos e nenas das diferentes idades e aos adultos do pobo.
  • Promover unha ocupación positiva do tempo libre, mediante actividades físico-deportivas, entendidas como factor lúdico-recreativo.
  • Potenciar a relación social e a saúde.
  • Estimular a actividade construtiva e a creadora.
  • Facilitar a motivación.
  • Popularizar o deporte como práctica recreativa do tempo libre.
  • Fomentar círculos de relación, de reunión de colectivos con situacións e problemas similares (a Asociación).
  • Liberar aos nenos e nenas da monotonía e do aburrimento da vida diaria.
  • Favorecer a participación e relación social.
  • Divertirse a través do xogo e deporte.
  • Buscar a coeducación.
  • Favorecer a comunicación activa.
  • Coñecerse entre todos/as eles/as mellor.
Os Airiños do Vilán en Carnavales
Os Airiños do Vilán en Carnavales

A parte desta gran actividade temos pensado facer outras moitas, das cales poderedes estar informados en todo momento pola nosa páxina. Só podemos adiantar que, estamos na recollida de xogos tradicionais para facer algunha que outra xornada onde aínda nos podemos botar unhas risas, alguén se atreve a facer unha carreira de…? Aí o deixamos.

Gracias aos socios por apoiarnos dende o primeiro momento e por seguir adiante con nós e mil gracias aos veciños de Xaviña por crer en nós igualmente. E invitámosvos a que nos coñezades un pouco máis na nosa páxina, citada anteriormente (www.abrindorejo.com) onde podedes ver as fotos recentes da cea de Nadal e moitas máis, entre elas...

Na Xoldra Enxebre, actividade estrela desta asociación
Na Xoldra Enxebre, actividade estrela desta asociación

Comentarios   

Mara
0 # Mara 19/12/2007 15:24
Uffff!!!, canto se agradece ver esta noticia estando lexos...
Rosana non paras!!!!!!!!!!!!
Un bico a todos os de Abrindo rejo...de unha nova socia!!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.