- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 31 Outubro 2012 31 Outubro 2012
Dados os éxitos televisivos recentes de camariñáns como Isabel e Marina Campaña Blanco ou Adrián Lijó, postos a buscar participantes para un novo programa televisivo os executivos do canal Cuatro decidiron buscar na Vila das Palilleiras. Así Camarinas.eu están condicións de acreditar que o noso querido amigo e maratonista histórico da Costa da Morte, José Manuel Rodríguez Tajes, recibío en datas recentes unha chamada telefónica procedente da canle televisiva antaño propiedade do Grupo Prisa (agora de Berlusconi, de guatemala a guatepeor) na que o invitaban a participar no programa "Me Cambio de Familia", ese reality no que se soen intercambiar persoas de distinta sensibilidade persoal, política, deportiva ou relixosa, así por exemplo aquel episodio no que un nacionalista catalán caía nunha familia de falanxistas. O vindeiro será integrar a un etarra nunha familia de guardias civís ou a un rabino nunha comunidade integrista islámica.
Un ofrecemento ao que o noso querido amigo tivo que renunciar entre outras cousas porque a llama eterna do Madridismo debe ter sempre a algún heroe anónimo que a manteña encendida e refulxindo en todo o seu inconmensurable esplendor e sobre todo porque lamentablemente a súa sogra está actualmente enferma, e eso que o estipendio que elo levaba aparellado ascendía aos 3.000 euros semanais. Outro dos hándicaps que impediron que o mellor atleta da historia desta Franxa Atlántica dese o paso de convertirse nun icono televisivo foi que o prototipo de concursante que buscaba o canal anteriormente propiedade da Familia Polanco era o dunha persoa relacionada co mundo do mar, posiblemente con vistas a tiralo en paracaídas sobre a granxa dunha familia de cabreiros manchegos.
Á vista do anterior, mariñeiros-mariscadores de Camariñas interesados en pimplarse tres mil eurazos á semana: chamar a Cuatro. Nembargantes e a pesares da proximidade física ao interesante mundo do mar, profesionais da náutica naviera: absterse. Unha lástima co ben que iban a vir eses cartiños para pagar os pufos salariales derivados da última e recente camada de sentencias xudiciais condenatorias. É por elo que anhelamos fervientemente que o canle do xovial e xuvenil ex presidente italiano busque para o seu reality unha línea pedagóxica que integre pufistas desvergonzados en comunidades de cristianos puritanos da Costa Este de Estados Unidos ou en tribunales formados por incorruptibles e inflexibles xueces texanos. A ver se así lle atopábamos algunha solución ao problema. A ver se algúns aprendían a ser xente decente.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.