1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O hosteleiro xaviñán Félix García posando xunto ao adestrador Vicente del Bosque

Un dos grandes asesores de Camarinas.eu (neste caso en materia deportiva), alguén que vive dentro dese sospeitoso e letal radio de 5 kilómetros que circunda á redacción máis misteriosa da Costa Atlántica, o noso querido amigo Félix García Insua, repetío en datas recentes como visitante privilexiado dun evento deportivo de primeiro nivel. Se un 29 de abril do ano corrente presenciaba dende os mesmísimos boxes a proba valedeira para o Campeonato Mundial de Motociclismo  celebrada en Xerez, a semana pasada visitaba ao que segundo parte da prensa especializada pasará aos anales como o mellor equipo da historia do deporte: a Selección Española de Fútbol. Botando a vista atrás, á luz dos antecedentes, resulta increíble que un poida realizar cargado de toda a razón a presente afirmación.

Así pois, habitual destes grandes eventos deportivos Félix pasábase a semana pasada por un recinto especialmente habilitado en Pasarón, Pontevedra, ante o encontro amistoso que enfrentou este venres 7 de setembro a España contra Arabia Saudí e fotografiouse Vicente del Bosque, con algúns dos campeóns europeos e mundiais e finalmente marchou dalí cunha camiseta asinada por tódolos xogadores, un valioso souvenir a sumar ao casco asinado no seu día polo multicampeón Valentino Rossi.

Foi este encontro fruto dun acordo de colaboración entre a Real Federación Española de Fútbol e a Deputación de Pontevedra que básicamente se reducía a que ésta pagaba 900.000 euros e a Selección xogaba no mítico Pasarón, algo que non deixou de xerar a súa polémica polas terras sureñas a conta da intención da Deputación de construir un Auschwitz canino, un Treblinka perruno, no Concello de Meis: unha macroperrera provincial onde os pobres canciños que se despisten o máis mínimo serán executados de forma industrial. Despois si os seus restos recibirán cristiana (ou mahometana) sepultura ou si con eles farán hamburguesas e chourizos, eso só as elevadas mentes deputacionais o saben. E claro vendo o polémico e xenocida do proxecto non faltou quen fixera indesexadas comparacións sobre o destino que se lle da aos recursos públicos.

En todo caso, alleo a estas polémicas, o xaviñán Félix García Insua desfrutou dun día inolvidable ao carón dos Campeóns de Europa e do Mundo, fotografiouse con aquel adestrador todo templanza e sentido común que xa nas súas épocas levara ao Real Madrid da súa alma a gañar dúas Champions League baixo condicións un tanto extremas. Todo o cal proba que converterse nun dos mellores exemplos da xuventude dinámica do noso concello, aquela que se busca a vida, que traballa duro, que se aventura no mundo empresarial privado chegando a convertirse por dereito propio nun dos principais empresarios da hostelería de Santiago de Compostela, ten a súa recompensa.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.