- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 25 Agosto 2012 25 Agosto 2012
Constitúe xa un clásico do verán camariñán a celebración do cumpreanos do xoven Francisco Barcia Trashorras no Café Bar Arnela. Xunto aos seus pais e amigos dos Panchos do Jolfendro unha tremebunda festa presidida sempre pola mellor música galega apodérase do local emblemático do Barrio de Corea. Nembargantes e como novidade frente a edicións precedentes este ano a celebración do seu vixésimo cumpreanos contou ca presencia dos seus compañeiros da Asociación Cultural Xacarandaina, de cuio grupo forma parte este xoven virtuoso da música (xunto co seu irmán que tamén toca varios instrumentos). Camarinas.eu estaba presente naquela noite de agosto de 2008 na que Fran cumpría 16 anos, estivo na do 2010 na que cumprío 18 e, obviamente, tiña que estar na do 2012 na que chegaba ao doble díxito. Sempre baixo o telón de fondo da mellor música tradicional galega, vaia dende aquí a enhoraboa polo seu 20º cumpreanos a un dos nosos máis firmes talentos musicais
Comentarios
Sopra sopra gaiteiriño,
sópralle a gaita galega,
que si sopras co teu airiño
a festa co fol se achega.
Milagre de aire mariño
que voa polas ribeiras,
e baila chafalleiriño
co verde das nosas leiras.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.