1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Ignacio Martínez e Mariluz Campaña ca tripulación da goleta La PreciosaEste pasado luns 18 de xuño de 2012 recibían os pantaláns do Club Náutico de Camariñas unha visita moi especial. Tratábase dunha delegación da Armada Española pertencente á Escola de Especialidades da Escola Naval da Graña, composta de tres goletas, dúas das cales, La Graciosa e a Sisargas, xa estiveran no CNC hai xusto dous anos. Baixo os mandos do Alférez de Navío D. Héctor Arias e do Tenente de Navío Díaz-Pache, a flotilla naval cubría a ruta Baiona-Ferrol, cando decidío facer un alto no camiño para recalar na única institución náutica en toda esta franxa atlántica distinguida ca concesión dunha Bandeira Azul, sinónimo da calidade e diversidade das súas prestacións, dos esforzos e desvelos de todas as súas xuntas Directivas para situala ao carón dos clubs punteiros no ámbito galego e español.

Puntuais no espléndido mediodía camariñán, recibían a tan ilustres visitantes a pe de pantalán en representación de todos os socios, o Comodoro Ignacio Martínez Mañas e a vocal Mariluz Campaña Blanco. Tras un cordial intercambio de pareceres o CNC agasaxou aos membros da Armada con diversas prendas de roupa co emblema do CNC, mentras que recibían como valiosa contraprestación un libro ca historia do Buque Escola Juan Sebastián Elcano asinado polo Alférez de Navío Héctor Arias, o cal pasará a formar parte dos fondos da biblioteca do CNC unha vez que os okupas que manteñen secuestradas pola forza as instalacións dende hai xa seis meses sexan desahuciados definitivamente. Unha visita que permitío ás tripulacións das tres goletas coñecer máis de preto os encantos da Vila de Camariñas ao longo do mencionado luns ata que nas primeiras horas da mañán do martes 19 de xuño reemprendían a súa singladura con destino Ferrol.

{phocagallery view=category|categoryid=877|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.