- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Xuño 2012 20 Xuño 2012

Hai uns días os compoñentes dos Clubs de Lectura (alumnos e adultos) fixemos unha saída cara as terras de Álvaro Cunqueiro, visitando a súa cidade natal, Mondoñedo, e algunha outra zona próxima da Mariña de Lugo. Visitamos a catedral máis antiga de España. San Martiño de Mondoñedo e a chamada praia das Catedrais. O único problema foi que a data programada, que non puidemos cambiar, coincidía coa data de celebración das V Xornadas dos Clubs de Lectura, ás que non puidemos asistir, así que lles enviamos un vídeo (nós e o Instituto de Dices-Rois). Con parte das imaxes que gravamos fixeron a montaxe que aquí vos deixo. En breve subiremos ao Canal Vilán o vídeo completo feito no insti.
Fonte: Blog do IES Pedra da Águia

Comentarios
Parabéns a todas estas rapazas e rapaces amantes da lectura. Cando vos sintades sós, nun bo libro, aí ides atopar a mellor das compañías. E, aos vosos educadores e promotores desa fantástica idea das “ Xornadas dos Clubs de Lectura, darlle as grazas por fomentar tan encomiable labor e, así mesmo, os meus parabéns.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.