1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Giuseppe Ricci e a web que anuncia a orixinal idea

No que constitúe unha nova exclusiva, Camarinas.eu está en condicións de adiantar que unha ruta ciclista unirá os concellos irmanados de Offida e Camariñas durante o mes de xuño do presente ano. O xerme de tan xenial idea saío do noso querido amigo Giuseppe Ricci, un habitual da Mostra do Encaixe onde exerceu de traductor entre as delegacións italiana e hispana durante o acto de irmanamento con Novedratte, e que terá como obxectivo entregar de tan orixinal forma ao acalde camariñán a invitación á semana do encaixe do 2013 en Offida. Partirán os participantes o 16 de xuño dende "La Melettaie", o monumento adicado ás encaixeiras na vila italiana, estando prevista a súa chegada á meta, o monumento homónimo ao anterior, a nosa estatua da Palilleira, tres semanas despois.

A ruta partirá de Offida, atravesará as terras da Provincia de Ascoli-Piceno, continuará a través do centro de Italia para embarcarse preto de Roma nunha viaxe por mar que os levará a serpentear pola zona norte da illa de Cerdeña e finalmente desembarcar en Barcelona para xa dende alí de forma continuada atravesar de punta a punta a xeografía lacerada desta pel de toro nacional, estando como decíamos previsto a súa chegada xunto á estatua da Palilleira na primeira semana do mes de xullo. Incluso para tan sinalada ocasión veñen de crear unha páxina web (www.wix.com/offidacamarinas/bici) que informa sobre a viaxe, que se irá enchendo de contidos a medida que a ruta avance e que cita entre os promotores e patrocinadores da idea como non podía ser menos a web líder da Costa da Morte, Camarinas.eu.

Así pois, unha idea orixinal que contribuirá a aumentar a unión e cariño entre dúas terras irmanadas, tan lonxanas e distintas, pero unidas pola amor á tradición, á arte, representada neste caso polo encaixe de bolillos ("merletto"), e pola que debemos felicitar ao seu promotor, Giuseppe Ricci. A amizade entre os pobos. Para o futuro tan só nos resta desexar que unha idea igual de orixinal nazca para executar o que debe ser o vindeiro obxectivo dentro da política de alianzas xeoestratéxicas internacionais do Concello de Camariñas: a cidade encaixeira rusa de Balajna, na Nizhegoródskaya Oblast (Provincia de Nizhni Nóvgorod), a orillas do mesmísimo Volga. Nembargantes, polo propio ben dos hipotéticos promotores de tal idea (entre os que non sería descartable que se atopase algún que outro redactor desta web) esperemos que cambien o biciclo por outro medio de transporte máis adecuado a tan descomunais distancias, a tan extremas paraxes.

Giuseppe Ricci, traductor durante a Mostra e un dos artífices do irmanamento con Offida

Comentarios   

thais diane
+1 # es un bonito sueñothais diane 25/06/2012 09:40
hace poco giuseppe ricci paso por mi casa y me explico que le gusta mucho montar en bicicleta y que se iba a ir hasta galicia con la bicicleta a darle un documento muy inportante a el ayuntamiento de galicia :lol:
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.