1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Cheos ata a bandeira nos desfiles deste venres da Mostra

Os desfiles de moda da Mostra do Encaixe de Camariñas continúan acaparando a atención do público. Durante a xornada do venres completouse o aforo do salón onde se realizan os pases de moda de noveis e grandes deseñadores. Unha tendencia que se ven repetindo nos últimos anos “grazas a calidade dos deseños dos concursantes e a innovación na aplicación do Encaixe de Camariñas en coleccións de grandes firmas.” Explica a concelleira delegada da Mostra, Sandra Ínsua. Hoxe sábado 7 de abril, preséntase como un día crucial para os 34 participantes do certame de xoves deseñadores, xa que hoxe foi o primeiro día en que o xurado profesional avaliou as 26 coleccións semifinalistas para proceder esta noite a deliberación sobre os gañadores do concurso.

XIX CONCURSO DE DESEÑADORES NOVEIS


Na competición de noveis deseñadores repartirase premios valorados na súa totalidade en algo máis de 4.500 euros entre os tres primeiros finalistas e o gañador do premio do público. Será un xurado  profesional o encargado de decidir os tres primeiros premios. O primeiro posto recibirá algo máis de 2.100 euros, o segundo, que está patrocinado por Frigoríficos de Camariñas S.L, contará con preto de 1.200€ e o terceiro, que financiará a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, está considerado  en 601 euros.
Os grandes deseñadores son o xurado que dictará o campeón do concurso
O público tamén poderá escoller á súa colección favorita, e entregará un premio valorado en máis de 600 euros, que será aportado polo Grupo Correo Gallego. Será mañá   as 19:00 cando se faga entrega dos premios de este novo certame, que deixa un ano máis gañas de repetir aos concursantes e intención de volver ao público asistente. XURADO PROFESIONAL As grandes firmas presentes nesta XXII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas ademais de apadriñar aos novos talentos da moda, son os responsables de decidir que coleccións son merecedoras do recoñecemento oficial. “unha tarefa difícil cando o nivel creativo é tan alto e sorprendente como o é este ano” asegura Sandra Insua, quen se declara sorprendida da innovación aplicada nas coleccións onde destacan traxes de cores alegres en deseños modernos, orixinais e frescos.  

Entre os membros do xurado está Ana Cabranes, a deseñadora asturiana que repite un ano máis na Mostra, este vez de un xeito especial, por ser o seu deseño o protagonista do cartel de esta nova edición. José Metteos, estrease como membro do xurado, pero non na Mostra do Encaixe, onde participou en edicións anteriores como deseñador novel. Cristobal Vidal, tamén será un dos prestixiosos deseñadores que votará polas mellores coleccións. Nesta ocasión participou nos desfiles presentando elegantes traxes en tonos grises, negros e brancos, pensados para mulleres amantes do estilo que non queren renunciar á comodidade. A moda para tódalas idades presentouse da man de Franco Quintáns, outro dos membros do xurado profesional, que ofreceu en Camariñas unha colección de traxes de cerimonia para as máis pequenas da casa e para noivas distinguidas e contemporáneas. Charo Carrillo, a deseñadora e peleteira máis comprometida do Encaixe de Camariñas, non se quixo perder esta nova cita, e ainda que non presentou colección na pasarela, formará parte do prestixioso xurado.

ACTIVIDADES PARALELAS


O Encaixe-Camariñas é un dos favoritos para levarse o Torneo de Balonmán Feminino da MostraA Mostra do Encaixe de Camariñas ofrece ao visitante exposicións, demostracións en vivo de palilleiras infantís e encaixeiras consagradas, ademais de unha zona de ocio e degustación gastronómica para desfrutar en familia. Como unha das novidades da nova edición desta o primeiro campionato de balonmán femino que se disputou no pavillón polideportivo de Ponte do Porto durante o día de hoxe.  

Mañá, 8 de abril continuará a feira con máis moda e demostracións. Coñeceranse os nomes dos gañadores do concurso de Deseñadores Noveis as 19:00horas    cando se faga entrega dos premios, e será as 20:00 a hora de clausura oficial dunha XXII edición da Mostra do Encaixe renovada e comprometida con manter o Encaixe de Camariñas no primeiro posto a nivel internacional.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.