1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Presentación por todo o alto do 1º lp dos Panchos do JolfendroPresentación por todo o alto este sábado 24 de marzo de 2012 nas instalacións do Casino de Camariñas do primeiro disco dos Panchos do Jolfendro: "Sen Escamas". A mellor arte musical camariñana víose plasmada nun long play grabado en estudio para que o pracer que sempre supón escuitar ao grupo por excelencia da Vila das Palilleiras non se restrinxa ás actuacións en vivo: a partires de agora, ao calor do fogar, quen sabe se cun copazo on the rocks nas mans, poderase experimentar ese mesmo pracer insuperable a partires dun cd. Para elo e visto que os okupanáuticos profesionais gracias a Deus deixaron viva (por agora) a outra gran asociación de Camariñas os Panchos do Jolfendro decidiron presentar por todo o alto tan gran hito musical nun Casino que se encamiña a pasos constantes, firmes, cara ao seu centenario. E alí como sempre que se trata dun gran evento que redunda nunha mellora colectiva evidente estivo presente Camarinas.eu, a páxina sinalada como obxectivo a abatir polos arribistas profesionais, os supervivientes arruinados por completo, acollidos á política como derradeiro medio de vida: aqueles enemigos da democracia que nin capaces foron de respetar unhas eleccións no Club Náutico.

{phocagallery view=category|categoryid=843|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.