1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Adrián Lijó posa no seu querido Dor co Río Grande de fondoAínda sorprendidos polo éxito inesperado dun xoven rapaz do noso concello nun programa televisivo de ámbito nacional e visto o éxito da noticia que se facía eco  delo con máis de 1.300 visitas en apenas uns días, a web líder da Costa ad Morte decidío visitar  ao seu protagonista, Arián López Lijó, no refuxio que ten a súa familia en Dor, parroquia da Ponte do Porto. Para elo puxémonos en contacto cun dos seus mellores amigos, o informático camariñán e usuario e colaborador de camarinas.eu Roberto, co cal visitamos o sábado 21 de xaneiro de 2012 ao héore televisivo que mantivo en vilo a todo un concello durante unhas cantas semanas do ano que recén comenzaba. Nun recodo do camiño, a man dereita segundo se vai cara a Ponte do Porto, desviámonos da carreteira principal e adentrámonos nun remanso de paz, salpicado aquí e alá por confortables e espaciosas casas unifamiliares, rodeadas por bosques de pino, campos de labranza e o Río Grande, maxestuoso e calmo, como fronteira deste prácido verxel rural. Dous cans de raza labrador anteceden a Adrián na benvida. Xa no salón do seu fogar e baixo a sombra dunha espectacular biblioteca que escala ata o teito e que fai necesaria unha escada para descubrir os seus innumerables tesoros literarios, ten lugar unha amistosa e amena conversa na que Adrián nos conta os pormenores do seu éxito.

"Eu realmente o programa ao que presentei unha instancia foi "El Comecocos", dado que son membro do Grupo de Debate da miña facultade, a de Dirección e Xestión de Empresas, e no cal sí tiña un pequeno papel a xornalista Mercedes Milá, pero en estas por problemas de audiencia o programa foi retirado da parrilla e entón dende a cadea déronnos a posibilidade de participar no que o ía substituir "Dale al rec". Aceptei de inmediato porque sempre tiven desenroladas as miñas capacidades memorísticas gracias á miña profesora de matemáticas e alá fun a Barcelona para participar nas probas. Fun aceptado e empecei a concursar en Dale al Rec a razón de catro programas por día, feito polo cal tíñamos que levar cada viaxe na nosa equipaxe varias mudas de roupa para cambiarnos, dado que os programas íanse televisar en días distintos: camisas e polos a raias absolutamente prohbidos por cuestións técnicas".

Unha vez que a conversación flúe tranquilamente, fan acto de presencia os pais de Adrián, profesores de toda a vida no veciño Colexio de Infantil e Primaria O Allo, na Ponte do Porto, persoas dunha amabilidade exquisita e que nos fan sentir como si nos atopáramos no noso propio fogar. Alí, entre bromas, Adrián nos confía o destino que lle dará aos 37.000 euros tan gloriosamente conquistados no programa da Cadea Cuatro: "Unha mariscada para os colegas e unha viaxiño que xa tiña previsto ca miña moza, pero a París ou un sitio así, nada de botar a casa pola ventana, que aos cartos gañados na tele hai que descontar o pico que vai para Facenda". Así, unha vez coñecida a persoalidade afable, amistosa, simpática do héroe televisivo que de tan gran maneira nos intrigara, alá fomos ás beiras do río Grande a sacar unhas cantas fotografías que inmortalizasen ao héroe televisivo que nuns cantos días de xaneiro de 2012 asombrou ca súa capacidade memorística a toda unha nación e mantivo en vilo a todo un concello. Ao lonxe, as Torres milenarias de Cereixo contemplaban a escea.

Comentarios   

Ícaro
+1 # RE: En Dor con Adrián LijóÍcaro 29/01/2012 18:20
Home, dos mellores non sei, pero sí un vello amigo. ¡Qué recordos do instituto! Felicidades de novo, Adrián
Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+1 # NoraboaE logo ti de quen es 29/01/2012 20:04
Da gusto ver buenas noticias en las que Camariñas es protagonista, enhorabuena.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.