1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As modelos camariñanas reivindicaron a súa beleza no desfile da 4ª Festa da Palilleira

Está sendo pródigo este fin de ano 2011 no que se refire a iniciativas acertadas por parte do Concello de Camariñas. Un concello que ven de realizar hai unhas semanas a exitosa cuarta edición da Festa da Palilleira e que este ano aglutinou a unha cantidade record de artesanas e artesanos dentro do pavillón municipal O Areal de Camariñas. Caseque 600 palilleiras de tódolos recunchos de Galicia se deran cita para reunirse entre colegas do mesma afición. Pero o que foi sen dúbida o éxito e o acerto máis inesperado da 4ª Festa da Palilleira foi a inesperada celebración do desfile de modelos por parte de rapazas camariñanas que daban os seus primeiros pasos nunha pasarela. Todas as nosas nenas fixeron un desfile espectacular destacando entre as máis aplaudidas e laureadas as máis pequenas que luciron vestidos de comunión e de calle con encaixes bordados nas súas telas. Entre as maiores pudemos comprobar a soltura dunha rapza de Camariñas chamada Paula Garrote encima da pasarela acompañada de Maytiña, Noelia, Estela, Montse e un espectacular Ignacio de Camelle. Para decidir cal destas modelos Camariñanas foi a máis carismática dentro da pasarela, Camarinas.eu publica unha enquisa para decidir cal destas preciosas modelos tería opcións para competir coas modelos nun desfile na próxima Mostra do Encaixe.  En fin, a iniciativa que se desenrolara hai 4 anos nas mans de Sergio Caamaño consolídase nesta cuarta edición da man da concelleira Sandra Ínsua Rial como a concentración de palillieras máis importante de Galicia. Camarinas.eu estivo presente nesta edición e ofrece aos nosos usuarios e lectores unha galería non menos espectacular con máis de 250 fotos do acontecido neste desfile.

{phocagallery view=category|categoryid=797|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.