1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Explosión de talentos no IES Pedra da Águia da Ponte

Neste festival de fin de ano no noso insti descubrimos, ou máis ben, deixáronse ver por fin, unha chea de talentos do máis diverso. Sabiamos xa de habilidades en danza e coreografía e tamén tiñamos experiencias estupendas en teatro, tanto de alumnos como de profes. Pero do musical tiñamos poucas mostras nos festivais, a pesar de ter incluso un disco gravado! Só nos deixaban ver unhas pingas en momentos dispersos. Neste festival por fin asistimos a unha maior concentración de músicos e cantantes. De sempre os profes de música (case todos) animaron o "cotarro" (un recordo para Almudena) e Charo non ía ser menos. Esperemos que estes talentos nos sigan deleitando en moitas outras ocasións. O vídeo do festival é moi longo para colgalo enteiro, aquí vos quedan un par de mostras. Terédelo a disposición na biblio, onde o iremos vendo nos recreos, e quedará permanentemente no Canal Vilán, vale? A diasfrutar das vacacións!

 

Fonte: http://pedradaaguia.blogspot.com/2011/12/explosion-de-talento-neste-festival-de.html

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.