- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 16 Decembro 2011 16 Decembro 2011

O pasado venres 18 de novembro, os alumnos e alumnas de 4º de ESO, coñeceron o Instituto de Ciencias Forenses "Luis Concheiro", ubicado na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, á fronte do cal se atopa o prestixioso xenetista galego Ángel Carracedo Álvarez. Os rapaces e rapazas recibiron unha charla sobre a importancia da proba de ADN na casuística forense, e sobre o traballo que neste centro se leva a cabo. Ademais, durante a visita guiada polos laboratorios do instituto, achegóuselles ao "día a día" dun equipo de investigación punteiro.
A saída completouse co CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), conseguindo así a interdisciplinariedade da mesma, implicando ao alumnado de Bioloxía e Tecnoloxía. Seguro que, dentro duns anos, os alumnos e alumnas do insti do futuro irán de visita a algún centro experimental de alto nivel que estará dirixido por algún dos alumnos de hoxe. Quen será?
Fonte: http://pedradaaguia.blogspot.com/

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.