1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Colexio O Areal de Camariñas ven de colleitar hoxe un dos seus máis grandes recoñecementos. En toda a historia deste entrañable colexio camariñán nunca (que nos recordemos) se lle concedera un premio de tal calibre como o "Premio Anual do Deporte Galego 2011-12" como mellor centro educativo de Galicia pola súa promoción do deporte en idade escolar gracias ao Proxecto Mar na Escola. Proxecto que foi realizado conxuntamente co Concello de Camariñas e no cal tamén colaboraron entidades como o Club Náutico ou tamén (¿por qué non dicilo?) Camarinas.eu publicando e apoiando esta iniciativa dende o seu inicio alá polo ano 2007. A canteira deportiva de Camariñas está a acadar uns niveles nunca vistos gracias a iniciativas como esta do Colexio O Areal e ao apoio incansable dun concello volcado no máis importante: a educación dos nenos. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todo o persoal do Colexio O Areal de Camariñas polo premio que acaban de recibir e ao Concello de Camariñas polo seu apoio incondicional a esta iniciativas. Noraboa e a seguir sendo exemplo!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.