- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 27 Novembro 2011 27 Novembro 2011
Camarinas.eu retoma a actividade informativa independente despois dunhas alocadas semanas de intenso traballo que se verán outra vez reproducidas nestes últimos días de novembro debido aos compromisos profesionais do noso director (en funcións) Diego Alonso. Desta vez queremos agradecer á nosa querida usuaria e redactora naval RubiaSexy a reportaxe completa que nos trae para publicala aquí, na web da súa alma: claro! CAMARINAS.EU. O caso é que a nosa Sefa tivo estas semanas atrás a oportunidade de realizar un cursillo de supervivencia xunto a outros amigos Camariñáns onde tamén se atopaba o noso querido usuario REIRA. En fin, ahora xa están os nosos amigos preparados para involucrarse na acción marítima co seu novo e flamante título que os acredita para os mais arriscados traballos no mar. Dende Camarinas.eu queremos agradecer á nosa querida usuaria RubiaSexy a aportación das numerosas fotos e a realización dun impresionante video de caseque unha hora de duración. MOITAS GRACIAS RUBIA!!

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.