3.375 1 1 1 1 1 Rating 3.38 (16 Votes)

Charla sobre o cooperativismo na Casa de Pedra

 Este venres 23 de novembro celebrouse na Casa de Pedra de Camariñas unha charla sobre cooperativismo organizada polo Servicio de Desenrolo Local dependente do Concello de Camariñas. A este acto deprazouse unha unidade móbil do programa da TVG "A Revista" para facer un pequeno reportaxe que poderedes ver mañá nesta canle autonómica. Para ver unha galería fotográfica do acto e os vídeos realizados por esta web pulsa na foto principal.

Despois da charla estaba programado un ágape preparado pola escola taller "Aldea Madeira" ao que camarinas.eu non podía faltar. Os nosos futuros cociñeiros e camareiros deleitáronnos outra vez (e xa van dúas) con unha selección de pinchos coma nunca se viron en Camariñas. Poidemos provar de todo pero o que máis nos gustou foron eses pinchiños morunos de mozzarela e uva, un espectáculo de sabor. Estase a ver nestes rapaces unha evolución profesional impecable froito, sen dúbida, do bo facer dos profesores e da dispoñibilidade para aprender destes mozos e mozas camariñáns. O dito, noraboa polo traballo que estades a facer en "Aldea Madeira"

Galería fotográfica do acto 

Comentarios   

Fatiminha
0 # Charla CooperativismoFatiminha 23/11/2007 17:20
Bueno que decir, pois que a charla foi interesante e o mesmo tempo fíxose un pouco aburrida, pero bueno, podemos decir que o ágape que ven despois mereceu a pena!! Un saúdo.
Denunciar ante o administrador
currodetras
0 # charla e tele camariñas.eucurrodetras 23/11/2007 18:49
non sei si foi boa charla ou non,pero vivan eses rapases e viva tvcamariñas.eu
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.