1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Cartel do próximo Festival de Outono que se celebrará en Xaviña

Pois aínda que pareza mentira a tenor das temperaturas veraniegas que asolan gran parte de España xa estamos percorrendo a estación de outono e xa ben adentrados no que serán as costumes propias de dita estación. Así, na parroquia de Xaviña, celebrarase este sábado 14 de agosto de 2011 un espectacular Festival de Outono ou Magosto no cal se servirán gratutamente castañas e chocolate ao ritmo dun grupo musical latino chamado "Dúo Rosán". Pero antes desto abriremos boca coas actuacións estelares do Grupo de Gaitas "Abrindo Rejo" da parroquia xaviñana, a Coral Polífónica "Virxe da Barca" de Mucía e para rematar este espectáculo musical tocarálle o turno ao Coro "Anduriñas" das nosas queridas amigas cantadoras da parroquia de Xaviña. Como ven sendo habitual dende o seu nacemento fai xa máis de catro anos, Camarinas.eu publicará todos e cada un dos anuncios e eventos que calqueira asociación do noso concello nos faga chegar sen distinción ningunha, non como é habitual no modus operandi de outros medios. A nós sólo nos fai falta que as diferentes asociacións que así o requiran nos fagan chegar os seus anuncios e de ahí a unhas horas procederase á súa publicación nesta web. Ni más ni menos. Si non nos avisan pois nos, de momento, non nos adicamos ás ciencias ocultas para predecir eses evento. En fin, ainda que non o pareza xa estamos adentrándonos no que será unha rutina invernal deste ano que vai xa medio acabado. E todo esto a case 30 grados de temperatura ambiente. Increible.

Cartel do Festival de Outono de Xaviña 2011

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.