- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 08 Outubro 2011 08 Outubro 2011
Esta tarde de sábado a eso das oito da tarde todos os afeccioados camariñáns a boa música teremos a oportunidade de ver a un pedazo de grupo na Casa de Pedra de Camariñas. Trátase do conxunto musical do cantautor e gran guitarrista galego Xoán Curiel que presentará o seu novo disco en Camariñas acompañado por grandes músicos contemporaneos entre os cales destaca un batería xoven, educado e calado: Estamos a falar do noso gran e querido amigo Álvaro Trillo, un dos mellores músicos que un redactor que escribe comparteu partitura na súa andaina musical. Un batería perfeccionista onde os haxa cun sentido rítmico apabullante e cunha amplia gama de estilos. A partir das 8 da tarde todos os amantes da música do Concello de Camariñas teñen unha cita ineludible para ver a catro monstruos da música interpretando os seus temas. Entre eles un camariñán, un amigo: Álvaro Trillo.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.