1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O ex-Alcalde de Barcelona e ex-Presidente da Generalitat con Soto no Puerto Arnela Este pasado sábado 1 de outubro o Hotel Restaurante Puerto Arnela recibío unha das visitas máis ilustres da súa historia. Neto do famoso poeta catalán Joan Maragall (aquel que escribira a finais do s. XIX o "Escolta Espanya"), Alcalde durante 15 dos máis importantes anos da historia moderna de Barcelona (Olimpiada de 1992 incluida), Presidente durante tres tormentosos anos do goberno tripartito da Comunidade Autónona de Cataluña, e membro durante máis de 40 anos, ata o 2007 en concreto, do Partido Socialista, falar a día de hoxe de Pasqual Maragall é falar dun dos homes clave para entender a evolución da política en España no século XX.

Descabalgado da Secretaría Xeral do Partit dels Socialistes de Catalunya no citado ano de 2007 polo que entón era seu compañeiro de formación o cordobés José Montilla, ao pouco tempo abandonou as filas socialistas e fixo público que padecía a enfermidade de Alzheimer volcándose dende aquela en distintas iniciativas que axudasen a pelexar contra esta extendida lacra ben a través da Fundación que leva o seu nome ben poñéndose a disposición do director Carles Bosch para a filmación da película documental "Bicicleta, cuchara, manzana", gañadora do Premio Goya do 2011 na súa modalidade. Agora tranquilamente retirado das puñaladas do letal mundo da política, Pasqual Maragall aproveita para dedicarse a percorrer as diferentes rutas de España e así este sábado acompañado polo que foi igualmente alcalde socialista de Santiago de Compostela Xerardo Estévez visitou Camariñas, para facer un alto e desfrutar da gastronomía de alto standing do Hotel Restaurante Puerto Arnela. Posteriormente, unha vez rematada a comida, en compañía do fillo do ex-President alá marchou esta ilustre comitiva a visitar as paraxes idílicas de Reira, onde seguro que un dos máis importantes políticos desta España dos nosos pecados puido comprobar que non só en Cataluña un pode sentirse como si estivera no mesmísimo paraíso.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.