- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 21 Abril 2011 21 Abril 2011
Rebasada con creces a súa maioría de idade o certame encaixeiro máis importante a nivel mundial segue a cubrir exitosamente novas etapas. Este mércores 20 de abril de 2011, ás 17:00 horas, inaugurábase oficialmente a XXI edición da Mostra do Encaixe, a cuarta que cubre camarinas.eu renovando o seu compromiso perenne cunha das principais ventanas que o Concello de Camariñas ten abertas ao mundo. E tal que en edicións anteriores todo un pobo vólcase no mesmo: estando presentes a través dos stands nos que vender a máis fermosa artesanía do planeta, incorporándose ás filas de novas lexións de voluntarios, a través do traballo impecable, calado pero continuo, dos operarios municipais, cos establecementos da vila, preparados e engalanados para dar ao visitante o mellor servizo posible...
Inaugurábase, decíamos, ás 17:00 horas e como foi habitual ao longo de prácticamente todos estes anos, alí estivo unha das pesoas que máis se volcaron dende sempre para facer posible este gran sono camariñán: Salvador Fernández Moreda, o Presidente da Deputación da Coruña. A pe, humilde, percorrendo as rúas da nosa vila chegaba ás portas mesma do recinto e era recibido polo alcalde camariñán Pichurri. Como presencia máis ou menos notoria da Xunta acudía ao evento a directora xeral de comercio. Tiveron lugar os discursos, onde como idea novedosa Pichurri esbozou a posibilidade da creación dun consorcio que agrupando a diferentes administracións e superando localismos poda dar o impulso definitivo ao encaixe deste remoto recuncho atlántico. E despois de finalizadas as verbas inauguratorias da 21ª edición do certame encaixeiro máis importante a nivel mundial, todos os presentes fóronse a ver un desfile de modelos, beleza sobre beleza...
{phocagallery view=category|categoryid=615|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=3}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.