2 1 1 1 1 1 Rating 2.00 (1 Vote)
A Familia Martínez Liñeiro posa ca fermosa Xana o día do seu bautizoPois vamos agora cun pequeno retraso cun dos bautizos máis sonados  destes últimos tempos no Concello de Camariñas. Trátase do que tivo lugar ás 19:00 horas dun lonxano sábado 22 de xaneiro do ano en curso na Igrexa Parroquial de San Xurxo e polo que entraba na gran familia católica a pequena e preciosa Xana Martínez Liñeiro, filla de Encana Liñeiro, Secretaria de Organización dos socialistas camariñáns e de José Martínez Rial, empresario da construcción. Como padriños oficiaron solemne e elegantemente a pesares da súa xuventude a porteña Noelia e o camariñán José Manuel, sobriño de Encarna. As raíces porteño-camariñana da pequena Xana estiveron perfectamente representadas polos asistentes ao evento, entre os que destacou a presencia de importantes nomes dentro da executiva local, como os da familia de Sandra Insua Rial, Tenente de Alcalde do Concello, e o de Pichurri, alcalde da corporación, que polo que se ve tivo un xaneiro pleno de bautizos, xa que un 6 do mesmo mes asistía na parroquia de Xaviña ao bautizo do pequeno Adrián, reportaxe que asemesmo fui publicada nestas páxinas. Unha vez consumado o sacramento, todos os asistentes dirixíronse ao Restaurante Puerto Arnela para celebrar a comida que festexaba o día no que a pequena e preciosa Xana entraba na gran familia católica. ¡¡FELICIDADES, XANA!!

{phocagallery view=category|categoryid=601|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.