- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 29 Xaneiro 2011 29 Xaneiro 2011

He aquí un exemplo perfecto das funcións de servizo público que presta camarinas.eu: o pasado 26 de decembro do fenecido ano 2010, unha parella apreciada e querida en Camariñas como a que forman dende hai xa uns cuantos anos Luis, albañil de profesión, e Ángeles López Pensado, servizo doméstico, celebraron por todo o alto a comunión do seu pequeno Luis. A ceremonia relixiosa tivo lugar como non podía ser menos na Igrexa Parroquial de Camariñas e a comida posterior nun restaurante da vila.
O que viría a caracterizar esta comunión respecto a outras sería o expreso desexo da familia de que se publicase a mesma en camarinas.eu para que os parientes da familia espallados polo mundo (Suiza, Andalucía, etc...), lectores habituais da nosa web, puidesen ver o elegantes, guapos e apuestos que estaban todos os participantes nun evento que tivo lugar nos días centrais do Nadal. Algúns dos familiares mencionados viñeron expresamente dende os seus lugares de residencia no extranxeiro para estar presentes na comunión de Luis, como o caso dos nosos usuarios Diego Pouso, a súa esposa Isabel López Pensado, irmán de Ángeles e os seus fillos Diego e Iker. Todos eles estiveron presente nunha comunión na que Luis foi o gran portagonista e gracias a cal seguramente estas pasadas navidades tivo racións doble de regalos. ¡¡FELICIDADES LUIS!!
{phocagallery view=category|categoryid=519|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.