- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 28 Xaneiro 2011 28 Xaneiro 2011

Este xoves 27 de xaneiro cumprío anos unha persoa moi querida na redacción de camarinas.eu, unha persoa que durante estes dous derradeiros exercicios confiou en camarinas.eu mediante un patrocinio continuado nunhas épocas nas que poucos empresarios tiveron o coraxe de facelo, que surtío periodicamente de noticias a portada da web máis vista da Costa da Morte e que incluso emprendío a ruta esquencida das xuntanzas cabalares en forma de peña equina no local de moda da Ponte do Porto.
Estamos a falar de Diana do Pincho, unha lectora fiel e asidua da nosa páxina dende o seu fogar no Allo, que compaxina o seu oficio de peluquera con traballos ocasionais na Raxería-Pulpería O Pincho e que durante estes últimos tempos ve como unha das súas preciosas fillas, Gisela, vaise convertindo nunha experta amazona que surca os diferentes camiños da Costa da Morte, uns camiños que recentemente tiveron como porto de destino nada máis e nada menos que Quintáns. Foi un día de celebracións este pasado xoves 27 de xaneiro en camarinas.eu, celebracións ás que queremos sumar a felicitación que lle enviamos agarimosamente a unha das persoas que confiou na nosa web cando poucos o fixeron. Por todo elo, ¡¡Diana, Feliz Cumpreanos e que cumpras moitos máis rodeada desas dúas pequenas xoias!!


Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.