- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Xaneiro 2011 20 Xaneiro 2011

Nun data tan especial como o 6 de xaneiro de 2011 os Reis Magos de Oriente truxéronlle como regalo ao pequeno Adrián o agasallo do seu bautizo. Este tivo lugar no templo parroquial de Xaviña, foi oficiado ca sabiduría eclesiástica característica de Don Mario e aderezado cunha simpática representación levada a cabo polos rapaces xaviñáns interpretando aos Reis Magos e aos paxes que acompañaban aos monarcas orientais. Especialmente ilusionado e sorprendido ante a algarabía que tiña lugar no ateigado templo románico estaba o risueño protagonista desta noticia, Adrián, así como os seus elegantes pais, a xaviñana Katia, que ven de deixar momentáneamente o seu traballo de axente de seguros para cuidar do seu pequeno, e o burián Alberto, ao cal podemos ver a cotío repartindo polo concello os sabrosos productos da coñecida Panadería De León, así como marcando goles nas tardes domingueras no Pabellón de O Areal como xogador do equipo da Liga de Veteranos patrocinado pola mencionada panadería
Igual de elegantes que os proxenitores estaban todos os familiares e invitados, entre os que por aquelo do apelido De León podíamos atopar dende a nosa admirada Carmucha, a primeira muller en poseer o carnet do partido socialista no Concello de Camariñas, ata o mesmísimo alcalde camariñán Pichurri. Posteriormente todos eles puideron desfrutar dunha comida entrañable entre amigos e familiares para festexar o que foi o primeiro dos regalos de Reis na vida do principal protagonista desta pequena historia: Adrián.
{phocagallery view=category|categoryid=510|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios
Estades todos moi guapos.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.