5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (16 Votes)
Os socios do CNC desfrutaron un ano máis dos seus Pinchos de NadalRemata un exercicio 2010 caracterizado como un prólogo dos importantes acontecementos que están por vir no Club Náutico de Camariñas. Un ano no que se tomaron algunhas importantes e arriscadas decisións que todos esperemos que rematen con éxito por ben da sociedade e que cristalizarán no exercicio entrante, o do ano do Noso Señor do 2011, o do Vixésimo aniversario dunha institución senlleira na Costa da Morte. Ano polo tanto de celebracións e de actos diversos de conmemoración dunha data chamada a quedar enmarcada para os anais do Concello de Camariñas. Como xa é costume, para poñer o debido broche ao ano que remata este domingo 19 de decembro tivo lugar no Salón de Actos do CNC un evento social clásico en Camariñas como os Pinchos de Nadal da que foi a institución náutica pioneira deste remoto recuncho atlántico, aquela que lle ensinou o camiño a seguir a todas as que viñeron despois. Ante o ano entrante  e ante os importantes desafíos que terá que acometer nestes difíciles e aciagos tempos, e da mesma forma que llo desexamos a todos os nosos fieis lectores, desexámoslle ao CNC ¡Un Feliz Ano 2011!

{phocagallery view=category|categoryid=476|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.