5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (14 Votes)
Abindo Rejo: todo un exemplo asociativo procedente de XaviñaAgora que pechamos o noso cuarto ano de andaina xornalística, o compromiso de camarinas.eu co movemento asociativo do Concello de Camariñas segue máis forte que nunca. Para elo decidimos asistir á Cea Anual dunha asociación que constitúe todo un exemplo a seguir, que aúna á mellor xuventude da súa parroquia en proxectos que redundan no ben común e que foi quen de reunir un grupo de bandas sin igual en toda a Costa da Morte. Estamos a falar, como non podía ser menos da asociación xaviñana Abrindo Rejo, que un ano máis polas datas do Nadal, concretamente o sábado 18 de decembro, celebrou unha multitudinaria cea nun famoso e mítico ristorante que chegou a dar nome á longa e ondulante recta na que dende tempo inmemorial se asenta: o Restaurante Sara. O menú estivo composto polas gambas máis grandes que se recordan ao decir dos asistentes e por "churrasco a barrer", todo elo precedido duns artísticos entrantes que reproducían formas xeométricas e pinturas cubistas que firmaría o mellor Picasso da Época Azul. E así, na noite de autos, mentras o director da web se daba unha panzada como é debido na Recta de Sara,  a esas mesmas horas o outro integrante da alma bicéfala de camarinas.eu en funcións de xefe de prensa de club de fútbol regalábase en outro ristorante (camariñán) unha auténtica homenaxe. Porque algo bo tiña que ter esto de andar metido a xornalista.

{phocagallery view=category|categoryid=475|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.

Tamén che pode interesar...