- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 28 Decembro 2010 28 Decembro 2010
Estamos nas datas do Nadal e cada día ten o seu cometido, así está a Cea de Noiteboa sempre en familia e sempre tradicional, con algunha pequena dor de cabeza e un estómago algo revolto está a comida do Día de Nadal, despois a cabalo entre festas ven o Día dos Santos Inocentes, cas súas pequenas gamberradas e humildes inocentadas, que si ben antes consistían nun sinxelo monigote colgante agora fanse a través do mundo gobalizado de internet e a conta das incidencias do mesmo. Enmarcado nas máis antigas tradicións tivo lugar a misa de mediodía celebrada na Igrexa Parroquial de San Xurxo este domingo 26 de decembro. Oficiada polo veterano Don Mario ante o descanso do titular da praza Don Jesús, destacou sobor de todo a impresionante panxoliña que o Coro Parroquial de Camariñas, que non Coro Municipal, aquí en Camariñas temos de todo, adicou ao Neno Xesús. Nada mellor para festexar as datas nas que se conmemora a natividade acontecida hai máis de dous mil anos atrás nun sinxelo portal palestino do Noso Señor Xesucristo que reproducir o video e as imaxes dunha canción chea de sentimento e devoción e interpretada nun remoto pobo atlántico nos días de Nadal do 2010. Ah, e esta noticia si que non é unha inocentada.
Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.