- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 22 Decembro 2010 22 Decembro 2010
Hai xa prácticamente un ano tiña lugar a maior desgracia acaecida no Concello de Camariñas nos últimos tempos: na tarde do 24 de decembro, Día de Noiteboa, María Jesús Lema Martínez, funcionaria de Correos da Oficina Postal de Camariñas, e o seu fillo Martín, de dous anos, falecían nun tráxico accidente de tráfico na carretera que une Carballo con Cee, concretamente á saída de Vimianzo. Faise difícil pensar nunha desgracia maior que a acaecida neste fogar xaviñán no que pouco máis de un ano e medio antes tiverá lugar a voda dos pais e o bautizo do pequeno Martín nun acto celebrado na Igrexa Parroquial de Xaviña, oficiado por Don Mario e no que camarinas.eu estivera presente. Agora, chegado o cabodano dun suceso que nos helou o sangue a todos, nesa mesma igrexa parroquial e posiblemente oficiado por ese mesmo párroco que leva vendo desfilar toda a vida da súa parroquia durante estas últimas décadas terá lugar o 1º Cabodano do falecemento de María Jesús e Martín e dende quí animamos a todos os nosos usuarios a que apoien a esta familia xaviñana acudindo ao templo o sábado 8 de xaneiro de 2011.
Comentarios
ACOMPAÑOVOS NOS VOSOS SENTIMENTOS DE DOR, AMIGOS.
Antonio Puerta
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.