5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (9 Votes)

Sale a concurso público a concesión do Bar Restaruante do CNC

Unha das institucións senlleiras da Costa da Morte, o Club Náutico de Camariñas, saca a concurso público a explotación do seu Bar-Restaurante, en cumprimento do mandato votado ampliamente pola súa Asamblea soberana en data de 29 de agosto de 2009. Tódolos interesados en participar nun proceso que estará presidido polo rigor e a obxectividade poderán pasar a recoller as bases reguladoras nas oficinas do CNC ata as 20:00 horas do venres 12 de novembro. Un proceso que en principio non está pechado a hosteleiros profesionais provintes de vilas alén do noso concello e que por elo procede a publicarse en nota de prensa na web máis vista da Costa Atlántica e no que se valorarán especialmente cualidades como a prestación do mellor servizo a socios e visitantes, a profesionalidade, ou a existencia dun proxecto innovador en canto a prestación do servizo, pero sobre todo que estará presidido polas importantes datas que se aveciñan no que foi o primeiro Club Náutico da Costa da Morte que no vindeiro exercicio 2010 cumprirá os seus 20 anos de vida. Polo tanto, despois de que durante estes dous últimos anos Arjimiro e a súa familia viñeran desempeñando a prestación do servizo do bar-restaurante do CNC a partires do 1 de xaneiro de 2011, uns novos inquilinos faranse cargo das instalacións. Á vista do infausto recordo deixado entre a masa social por anteriores concesionarios, sen dúbidas os directivos encargados de evaluar as propostas afinarán ao máximo o seu veredicto. Unha sentencia que esperamos sexa xusta e certeira.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.