- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 29 Setembro 2010 29 Setembro 2010
Sempre que atopamos aquí en camarinas.eu un dos pequenos anacos de tempo libre que deixa un traballo sempre escravo e sempre primordial proseguimos co repaso aos traballos realizados durante o verán de 2010 por Diego Alonso Freire. E facémolo cunha das comunións que tiveron lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo o domingo 25 de xullo de 2010, día de Santiago Apóstol. Nesta ocasión tócalle a unha preciosa rapaciña de nove anos, Andrea Rocha, filla dunha familia de usuarios de camarinas.eu e que como tantas e tantas do concello está vinculada ao mar, xa que a súa nai Sandra Castro procede de Santa Mariña, onde exerce como percebeira nunha poboación pródiga en percebeiros de raza e o seu pai, Roberto Rocha traballa como mariñeiro en Camariñas. O caso é que os seus pais están mui contentos con Andrea porque se trata dunha rapaciña mui estudiosa e a que lle encanta cantar e bailar, por elo este verán pasado decidiron organizar unha comunión por todo o alto. Desta forma a pequena da casa, Saray, xa sabe o que terá que facer para merecer o día de mañan unha festividade semellante. ¡¡FELICIDADES ANDREA!!
{phocagallery view=category|categoryid=46|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Comentarios
FELICIDADES A TODA NUESTRA FAMILIA !!!
DIOLOPAJE POR ESTAR TAN BEN !!!!
UN BIKO A TODOS........
ROBERTO, SANDRA, SARAI... GRACIAS POR TODO.
FELICIDADES A ESA FAMILIA TAN FERMOSA.
Antonio Puertas
Biquiños
Un beso muy fuerte para todos desde madrid
Me dijiste que estabas nerviosa porque tenías que leer, pero yo te he visto en la foto muy tranquila,.
Enhorabuena a todos. Espero veros pronto
un beso
Un bikaso
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.