3.8888888888889 1 1 1 1 1 Rating 3.89 (36 Votes)

As belezas porteñas degustaron suculentas racións de potro

Imbuidos dese espíritu renacentista que os caracteriza e que os leva tanto a facerse cargo con notable éxito de público e crítica como a recoller do chan no que xacían tiradas as rendas da promoción ecuestre no noso concello, o Pub O Pincho prometera dende estas páxinas a organización dun evento culinario dedicado ao potro si se reunían a cifra de comensais mínima. E ante a avalancha de solicitudes non lle quedou outro remedio que celebrar unha multitudinaria Cena do Potro na que o comedor dun local histórico dentro da mellor movida porteña dos 70 e 80 quedouse pequeno. Por alí puídose ver ademáis de clientes habituais do local de moda na Ponte do Porto, a Fran e Pilar, donos da Carnicería Pilar, que decidiron tomarse con filosofía o aspecto caótico que luce actualmente polas obras a Rúa Real na que se aposenta o seu negocio ou a plantilla da máis modernizada e completa clínica dental que existe a día de hoxe na Costa da Morte, Cavident, que aproveitaron todos eles para degustar vorazmente suculentas racións de carne de potro.

{phocagallery view=category|categoryid=42|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.