3.9 1 1 1 1 1 Rating 3.90 (40 Votes)
Non só ían ser grandes clubs de fútbol como o FC Barcelona ou o Real Madrid os que organizaran celebracións de centenarios que duraran todo un ano e así Industrias Cerceimar poñía este sábado 18 de setembro de 2010 fin ás celebracións que comenzaban un ano antes, concretamente un lonxano 5 de setembro, ca homenaxe que o Club Náutico de Camariñas rendía á empresa conserveira fundada un día alá polo 1884. E os actos programados incluiron unha recepción oficial na Casa do Concello ao Presidente da Federación Española de Balonmán, unha misa na Igrexa de San Xurxo e un paseo polas instalacións da Industrias Cerdeimar que incluiron a unha gran diversidade de persoalidades políticas e veciños e traballadores da Vila dos Encaixes.

Entre os persoeiros do mundo da política que visitaron Camariñas puidemos ver ao  Secretario Xeral de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro, en representación da Ministra Elena Espinosa; a Conselleira do Mar, Rosa Quintana; o Director Xeral de Estructuras e Mercados, Juan Maneiro; o presidente da Diputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda que volvía a Camariñas por segunda vez na mesma semana; a Deputada Autonómica, Marisol Soneira, o líder da oposición camariñana Daniel Rego; o Alcalde de Camariñas Pichurri e finalmente o Zar absoluto da Costa Atlántica e Alcalde de Vimianzo Alejandro Rodríguez que tamén como o seu ex-compañeiro Fernández Moreda, retornaba á Vila dos Encaixes por vez segunda en catro días.

Especial mención merece a chegada a Camariñas deste último. Frente a coches oficiais de alta gama cos seus correspondentes e supoñemos que ben remunerados chóferes, Alejandro Rodríguez apeouse momentos antes das 13:00 horas no aparcadoiro da Igrexa de San Xurxo do coche da Policía Local de Vimainzo, un utilitario ao que as limitadas prestacións cas que foi concebido condenárono, en vez de caras autopistas e aparcamentos de exclusivos restaurantes, a unha sufrida vida de lamentables miles de kilómetros a través de camiños veciñais, corredoiras rurais e bacheadas carreteras de aldeas perdidas. Alejandro Rodríguez, ou o auténtico poder vinculado non ás formas senón ao fondo.

Despois da misa, tocou visitar as instalacións conserveiras e no momento dos discursos todos os asistentes ensalzaron o traballo realizado ao longo deste periplo de 125 anos por Industrias Cerdeimar, destacando en especial as palabras dirixidas polo Alcalde Pichurri á Conselleira do Mar, que ao igual que a súa predecesora no cargo, fai oídos xordos ao  desenrolo dun proxecto bateeiro que aglutinaría ás Cofradías de Camariñas e Muxía e a empresa Cerdeimar e que suporía a creación dunha importante fonte de riqueza engadida dentro da nosa ría. Pero todo é darlle largas ao asunto e o clásico "vuelva usted mañana".  En fin, parece que haberá que tirarse ao monte (si a ocasión o requiere).

Superadas estas pequenas diferencias políticas, tocaba centrarse no que en verdade unía as todas as persoalidades invitadas e así porcederon aomáis relaxado acto de firmar no Libro de Honra da entidade para despois degustar todos os entremeses que nunhas longas mesas esperaban frente a unhas instalacións que celebraron este sábado 18 de setembro os seus 125 anos de vida.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.