3.8275862068966 1 1 1 1 1 Rating 3.83 (29 Votes)

Outra comellada na Villa Ponderosa

Se estivéramos a falar do País Vasco, os feitos que cíclicamente acontecen no Rancho ou Estancia así denominada "La Ponderosa" (San Martiño de Ozón, término municipal de Muxía) constituidos por un grupo variado de varóns de mediana edade arremolinados en torno a uns fogóns e a unha ben surtida mesa das mellores viandas, todo elo preparado, condimentado  e executado por mans masculinas, merecería o moi honorífico e respetado nome de Sociedad Gastronómica. Nembargantes, como estamos a falar de Galicia, un pobo como ben é sabido carente das dotes innatas para a propaganda, o autobombo e fantochismo típico doutros lares, os feitos acontecidos na mencionada Villa La Ponderosa denomínanse co más enxebre e humilde, risible incluso, de "enchenta" e todos contentos.

Por elo, vendo a inxustiza do caso presente, sentindo con rabia no máis fondo da alma e bágoas cáseque nos ollos a nova discriminación que se lle está a infrinxir á patria galega en comparanza con outros pobos (máis ben nacións) da xeografía hispana, aquí en camarinas.eu decidimos envolvernos na bandeira galega e comenzar públicamente o proceso para a conversion xurídica en Sociedad Gastronómica do grupo de varóns maiormente porteños unidos pola querencia ao bon yantar e o bon beber que se reúnen periódicamente na Villa La Ponderosa. De feito os servizos xurídicos de camarinas.eu están xa ca confección dos estatutos que reglamenten a vida da nova asociación que nace. E nun concello no que presidentes, secretarios, vocales e comodoros de asociacións de todo tipo se contan por centos, tal vez por miles, sendo difícil (prácticamente imposible) atopar un só veciño no que non recaia un dos cargos anteditos, como non podía ser menos propoñemos como Presidente vitalicio a José Martínez Ferrío. Terrateniente, amo y señor de La Ponderosa, conductor do camión do servizo municipal de recollida de lixo, elegante anfitrión, experimentado chef, exquisito gourmet con licenciatura cum laude na esixente e elitista facultade gastronómica de Aldea Madeira, ex-presidente do FC Porteño, lector habitual de camarinas.eu... reúne en si tódalas condicións necesarias para o leal e sabio desempeño do cargo. Todo elo quedou perfectamente demostrado ca enchenta acontecida o último domingo de agosto nun festivo despiporre ao máis clásico estilo porteño no que comida e bebida correron a torrentes e que puxo de manifesto a necesidade de acelerar os trámites necesarios para reinvindicar ante outros pobos (nacións) destas terras antigamente chamadas España a gastronomía de Galicia. Que a revolución galega comence arredor dunha boa mesa.

{phocagallery view=category|categoryid=29|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.