- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 03 Setembro 2010 03 Setembro 2010
Comenzamos aquí en camarinas.eu o repaso ás vodas, comunións e bautizos dun verán de muito traballo no que Diego Alonso, sucesor dunha estirpe de fotográfos que funde as súas raíces nos comenzos do século pasado e director de camarinas.eu, afortunadamente nn dou abasto a realizar encargos. E comenzamos ca voda eclesiástica celebrada o sábado 14 de agosto entre María Jose, veciña de Camelle de 24 anos e Manuel, veciño de Paradela (Dumbría) de 22 que casaron na parroquia máis norteña do noso concello nunha ceremonia oficiada ca experiencia e rigor clásico de Don Eulogio. Unha rematados os sacros ritos matrimoniais a xove parella da man do seu fotógrafo achegouse ataos areais de Reira para sacar unhas fermosas fotografías nas que colaborou un sol esplendido e un ceo virxinal.
A comida celebrouse nun famoso e multitudinario Ristorante de Vimianzo no que a festa entre familiares e amigos da feliz parella alargouse ata altas horas da madrugada. Os pais do noivo chámanse Carmen e Manolo e actualmente están a traballar en Suiza. Manuel criouse na casa dos seus avós en Paradela, un pequeno puebliño de poucas casas entre Dumbría e Santa Comba. A nai de María José chámase Pura e está viuda. María José ten outra irmán que se chama Lucía e ten sobre 18 anos. Radiantes estaban todos eles nun día chamado quedar enmarcado en letras douradas para o resto das súas vidas. Unhas vidas nas que ocuparán un lugar de excepción as preciosas fotos tomadas a unha fermosa parella un 14 de agosto de 2010 e que no día de hoxe publica a web máis visitada do litoral atlántico, camarinas.eu.
{phocagallery view=category|categoryid=21|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=3}
Comentarios
Diego unhas fotos preciosas!! encantame de verdad!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.