3.5094339622642 1 1 1 1 1 Rating 3.51 (53 Votes)

 

Este sábado 21 de agosto a partires das 21:00 horas terá lugar a Cea do Socio do CNC
Este sábado 21 de agosto a partires das 21:00 horas terá lugar a Cea do Socio do CNC

 

Unha cita clave do calendario estival camariñán

Cumplindo cunha antiga costume convertida en lei este sábado 21 de agosto a partires das 21:00 horas terá lugar o acontecemento social máis importante do ano nunha das institucións senlleiras da Costa da Morte e por ende vital no desenrolo socioeconómico e deportivo do Concello de Camariñas nestes últimos anos: a Cea do Socio do Club Náutico. Esta edición presenta cono novidade que non será precedida da Asamblea Xeral Anual (xa celebrada o 12 de xuño) senón pola misa que ás 20:00 horas terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo en recordo aos socios falecidos durante o presente exercicio 2010 así como nos precedentes. O menú estará composto por unha variada gama de entrantes, merluza, carne asada e postres. Unha vez rematada a cea, como en exercicios anteriores terá lugar o sorteo de artigos diversos e prendas de roupa náutica, para despois bailar aos sons da música da Orquesta Helvetia. Segundo nos comentan dende a Directiva do CNC os socios que desexan acudir a un evento convertido tralo paso dos anos nunha das citas sociais clave do calendario estival camariñán disporán ata o venres para apuntarse á mesma. Acceso que será será completamente gratuito para cada socio e un acompañante.


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.