- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 03 Agosto 2010 03 Agosto 2010
Bea Mas, a gran protagonosta por dereito propio da Cea Xacobea organizada polo CNC
Coincidindo co gallo do Ano Santo Compostelano, ese mesmo que convirte á capital galega nunha torre de babel conformada por todas e cada unha das linguas das nacións católicas que compoñen este mundo pecador e corrompido, o Club Náutico de Camariñas decidío organizar unha cea para celebrar unha data que inunda Galicia de visitantes chegados de todo os rincóns do mundo. O menú que puideron degustar os comensais estaba composto por fideuá, lubina, chuleta e os consabidos postres e chupitos. Posteriormente, unha vez rematada a cea, soteáronse dúas reproduccións da Catedral de Santiago realizadas en cerámica de Sargadelos, unha cazadora náutica e además dúas pezas de cerámica donadas por Bea Mas, a gran artista plástica de Camariñas. Foi xa cara o final, cando entrou en escena a actuación do Dúo Omega que ata altas horas da madrugada fixo que as cadeiras náuticas se meneasen de maneira compulsiva aos sons da súa música.












