- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 30 Xuño 2010 30 Xuño 2010
A máis impresionante escolta de Damas de Honor

José Manuel e Blanca posan cos padriños de Noa no atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo
Posiblemente o bautizo de Noa Blanco García, acaecido na moi antiga e leal vila de Camariñas un sábado 26 de xuño de 2010, pasará aos anales da historia desta poboación costeira entre outras razóns por ser aquel no que a máis impresionante comitiva de Damas de Honor, formada por toda unha lexión de belezas sin paragón posible, acompañou a esta fermosa rapaciña, primeira filla da parella formada polo porteño José Manuel Blanco e a moi camariñana Blanca Flor García, ata unha pila bautismal na que o sabio Don Jesús esperaba para cristianar unha nova alma de Deus. Estamos falando queridos usuarios dun séquito femenino formado entre outras polas nosas amigas e usuarias Lucía, Pili, Vanessa, Moniquiña, Nair ou Cinthya entre outras, un séquito de fermosuras sin igual que levará a que dentro duns anos, cando Noa sexa xa maior e consulte o fermoso álbum de fotos do seu bautizo ou se sumerxa no arquivo insondable de camarinas.eu, constate que no seu bautizo estivo rodeada da máis impresionante escolta de Damas de Honor que se recorde. Seguramente tamén consultará Noa aquela noticia que recollía o seu nacemento, acaecido un xoves 22 de outubro de 2009 e que tamén publicou camarinas.eu, a web encargada de recoller en imaxes o día a día, as vidas, das xentes de Camariñas.





















Comentarios
Un saludo a todas as das fotos....Q son as mellores amigas do pueblo..jeje!
tengo ganas de volver a verte!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.