3.4791666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.48 (48 Votes)

 Os nosos maiores pasarono pipa no Carballiño

Foto de grupo da comitiva camariñana que participou na XXXII Xuntanza de Maiores do Carballiño
Foto de grupo da comitiva camariñana que participou na XXXII Xuntanza de Maiores do Carballiño

Este sábado pasado 12 de xuño un grupo de maiores de 60 anos do noso Concello asistiron a XXXII Xuntanza para Maiores no Carballiño (Ourense). É este o terceiro ano consecutivo que os nosos maiores realizan esta excursión organizada polo concello e en total inscribíronse 40 veciños das parroquias de Buria, Camariñas, Xaviña, Allo, Dor, Ponte do Porto e Camelle xunto coa Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde Mªdel Carmen Linares Chica, a Malagueña. A pesares das pésimas previsións meteorolóxicas, a comitiva camariñana tivo sorte e puido desfrutar plenamente dun explendido día veraniego. Os nosos maiores pasaron un bo dia nunha enorme carballeira na que xunto outros participantes de toda Galicia desfrutaron dunha  comida típica como o polvo a feira, churrasco, empanadas, pan de cea, bolos preñados e infinidade de doces típicos ademáis de un ameno baile e feirón. Dende o Concello de Camariñas queren agradecer a todos os participantes a súa asistencia a esta iniciativa e esperan volver a repetir noutra data unha excursión parecida da cal se informará. Tamén cabe mencionar que todos os asistentes a esta Xuntanza de Maiores poderán recoller unha foto de regalo a partir deste martes 22 de xuño obsequio da Concellalía de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.