3.9130434782609 1 1 1 1 1 Rating 3.91 (46 Votes)

A pulpería máis dicharachera da Costa da Morte

Ata os mesmísimos Panchos do Jolfendro non se resistiron aos encantos do Pincho e claro, pasárono pipa
Ata os mesmísimos Panchos do Jolfendro non se resistiron aos encantos do Pincho e claro, pasárono pipa

O caudal insondable de inventiva, de proxectos innovadores e pioneiros do local de moda na Ponte do Porto ven de dar outra inesperada volta de tuerca e agora veñen de sorprender á súa masiva clientela cun sorpresivo máster en Pulpo e Raxo. Efectivamente, o Pub O Pincho reconvertido en pulpería e raxería especializada tras todo unha dilatada traxectoria de sonoros éxitos na preparación do cefalópodo galego por excelencia e do producto cárnico porcino máis solicitado, honrando destas maneira ás dúas especialidades que os seus clientes máis piden. Nembargantes que non cunda o pánico: seguirán facendo prato do día e comidas variadas, tamén. E para celebrar a nova reinveinción dun local histórico no devenir dos días porteños foron a recalar na Ponte do Porto este domingo a nova sensación da música popular galego, Os Panchos Do Jolfendro de Camariñas, cos seus 27 integrantes e alí bailaron e cantaron e comeron e beberon cos clientes de O Pincho ata cerca das 3 da mañán nunha das máis impresionantes mostras de irmandade porteño-camariñana que se recordan en moitos anos.  Algúns ata acabaron por enriba do billar... En fin, unha noticia de impacto cunhas impresionantes fotos de combate que como sempre sirve en exclusiva camarinas.eu.

Comentarios   

Beldoña
+1 # Bo proveitoBeldoña 16/06/2010 15:59
Sobre catro patas érguese o polbo,
Resistíndose a morrer abrasado,
E encrava a cabesa e os ollos
Nos larpeiros por fuxir do prato.

As bocas que agardan na mesa
Non queren perder o bocado
E danzan a carón da presa
Que loita por por morrer devorado

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
chidu
+1 # k ben o pasamos no pinchochidu 16/06/2010 16:32
sexA polo motivo de celebracion k sexa k boas noites pasamos no pincho en boa compañia. uNHA APERTA
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.