- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 13 Outubro 2007 13 Outubro 2007
Todas as forzas sociais e políticas de Camariñas acompañaron á Garda Civil no día da súa Patrona.

Pichurri, O Sarxento Pablo e Daniel Rego con respeto ante Don Jesús na misa do Pilar
A maior parte dos políticos do Concello de Camariñas, representantes de diversas asociacións, empresarios e xente corrente non quixeron faltar ao encontro cos seus axentes da orde que celebraban este venres o Día do Pilar. Desde camarinas.eu queremos darlle a noraboa
e saudar aos nosos Gardas Civiles ademáis de ofrecerlles a colaboración
en todo o que faga falta na nosa humilde páxina web. Felicidades no Día
da Hispanidade. Pulsa na foto para ver a noticia completa e ver unha galería fotográfica do evento.
Despois da concurrida misa que Don Jesús orou coma sempre, con sabiduría, responsabilidade e moi atendida na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas, os fieles acompañaron aos nosos Guardians da Lei para tomar un aperitivo no bar "Las Vegas" no que puideron charlar e conversar sobre temas da actualidade de Camariñas.
Aínda
non rematara a día de celebracións para os Gardas Civiles de Camariñas
pois as 8 da tarde moitos Camariñáns desfrutaron dunha maravillosa cea
preparada como só na Casa Sara de Xaviña saben preparar: Muito, bo e de
todo, mucho de todo. Este famoso restaurante Xaviñán, moi coñecido
polos seus grandes platos, estivo abarrotado de xente que quixo
acompañar á Benemérita. A comida estivo amenizada por unha orquestra
que tivo que parar de tocar xa que comezou a cantar nada máis e nada
menos que o Coro Parroquial de Camariñas que dou mostra, unha vez máis,
das bóas voces que saen de Camariñas. A orquesta non tivo máis remedio
que deixar o sitio a quen sabe.
Para ver a galería fotográfica do evento PULSA AQUÍ

Os Gardas Civiles na porta de entrada á Igrexa co Alcalde de Camariñas