O pobo camariñán asistío en masa a unha misa e procesión do Corpus Christi multitudinarias como nunca
Impresionante demostración de fervor popular
Ante as palabras surxidas nalgúns ámbitos a raíz dos sucesos tristemente acaecidos na nosa vila nos últimos tempos, os feitos: unha impresionante demostración de fe e cristianismo do pobo camariñán na gran festividade da Igrexa Católica adicada a celebrar o sacramento da eucaristía. Centos de veciños non quixeron perderse a ocasión de desfilar ao longo dunhas rúas da Vila dos Encaixes engalanadas como nunca nunha das procesións sinaladas do noso calendario relixioso na que era unha espléndida mañán soleada e veraniega. Asemesmo esta foi a data elexida polos pais para celebrar a Primeira Comunión de dúas fermosas rapaciñas, Ángela e Sara, e de dous apostos rapaces, José Antonio e Borja, destacando as elegantes comitivas que acompañaban a estes catros rapaces camariñáns para os que o domingo 6 de xuño de 2010 quedará enmarcado en letras de ouro para o resto das súas vidas. Aquel no que recibiron por vez primeira o Corpo de Cristo. Camarinas.eu, a web católica por excelencia da Costa da Morte, non podía faltar a un día clave da vida de catro rapaces camariñáns e a unha procesión plena de fervor e catolicismo, que plasma nunha impresionante galería fotográfica de 130 imaxes.
Comentarios
Corpo de Amor por nos maltratado,
Corpo de Cristo no pan consagrado,
Sexa Vos por sempre adorado.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.