Unha Comunión cun padriño inmellorable

Alexander, o rapaz de nove anos que este domingo 29 de maio celebrou en Camariñas a súa Primeira Comunión
Este domingo 29 de maio nesa mesma misa de 12:00 da mañán que posiblemente leve celebrándose en Camariñas dende a orixe dos tempos, aparte de darse a coñecer a lamentable noticia que empañou de dor e pena a alma das boas xentes e que tanto revuelo levantou nalgunhas webs vinculadas ao mundillo do nacionalismo máis radical, levouse a cabo un acto entrañable e festivo, chamado a quedar enmarcado en letras de ouro na vida dun rapaz de oito anos. Estamos a falar da Primeira Comunión de Alexander, fillo de Víctor Rodríguez, veciño de Morpeguite, camioneiro de profesión e membro de Protección Civil de Camariñas e de María González Carril, veciña da Vila dos Encaixes e pertencente a unha familia moi querida na mesma. Como padriño foi elexido nin máis nin menos que o irmán de María, o noso querido amigo e usuario Jose O Ranchito. O feito de que Víctor e María residan actualmente en Cee non obvia que o seu corazonciño estea permanentemente en Camariñas e así a comunión de Alexander celebrouse na Igrexa Parroquial de San Xurxo e, contando co privilexio de contar como padriño con semellante lobo de mar, unha vez sacadas as fotos de rigor a comitiva encamiñouse cara un coñecido ristorante xaviñán onde tivo lugar o ágape de celebración. Unha parella que se mostraba moi ilusionada polo feito de que a comunión do seu primoxénito (o benxamín da familia chámase Iván e conta con dous anos de idade) se publicara en camarinas.eu e así os familiares residentes na Arxentina e Suiza puideran visionar a comunión de Alexander. Pois nada,aquí cumprindo ca nosa función de nexo de unión dos camariñáns residentes a ambos lados do Atlántico, procedemos a publicar a noticia e a felicitar a Alexander pola súa comunión e por contar cun padriño (e a madriña igual, que non se nos enfade) de semellante valía. ¡¡FELICIDADES!!
{multithumbs}
















Comentarios
Felicidades e bicos da túa madri, Alex!
Gracias Jose, polos piropos!! Sin dúbida, a estrela é Alex e o seu irmán Iván.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.