Begoña e Miguel contemplan emocionados o momento no que Don Jesús bautiza á súa filla Alma
Pasarán os anos, Alma farase maior e poderá consultar en camarinas.eu como foi a voda dos seus pais, o bautizo da súa primiña Adriana, o seu propio bautizo e o que aínda queda por vir... Poderá consultar como era a vida nun remoto e illado pobo da Costa da Morte nos primeiros anos do século XXI a través da web que protagonizada a diario polas xentes do mesmo chegou a convertirse no principal museo de historia contemporánea de Camariñas. Para elo basta con perderse en calqueira das máis de 1.750 noticias publicadas por camarinas.eu e almacenadas perfectamente no noso arquivo. A última en ver a luz é precisamente a do bautizo de Alma Vázquez Carril, filla dos grandes e fieis amigos de camarinas.eu Miguel Vázquez, carpinteiro autónomo e natural de Pereiriña (Cee) e da súa esposa Begoña Carril, noticia importante e trascendente porque ¿que pode ter máis importancia e trascendencia que o bautizo dunha nova criatura nun territorio en constante retroceso demográfico como a Costa da Morte? Esto sábeno ben os pais de Alma que elexiron este sábado 22 de maio de 2010 para cristianar a súa primoxénita na Igrexa Parroquial de San Xurxo baixo os sabios oficios do noso Cura-Párroco Don Jesús. En fin, tan só nos queda felicitar a Alma e a súa espléndida familia aos cales emprazamos para saír nas nosas páxinas no día da futura comunión de Alma ¡¡FELICIDADES FAMILIA!!
AS FOTOS PRECIOSAS, A NENA É UNHA RICURA, E A MIÑA SANDRIÑA SALE WAPÍSIMA!FELICIDADES BEGO E MIGUEL, QUE TODO VOS SALGA BEN QUE O MERECEDES QUE SODES UNHAS PERSONAS EXTRAORDINARIAS, MOITS BIKIÑOS
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.