Os rapaces actores de Camelle e Mikel, protagonistas do Día das Letras Galegas do 2010
A Camarinas.eu si lle mandan unha invitación para cubrir un acto, ahí mesmo se envía un batallón informativo ipso-facto ao evento en cuestión. Así, a Agrupación Socialista de Camariñas tivo a deferencia de invitarnos a cubrir un acto novedoso e imaxinativo nestas terras, o dun maratón de lectura de literatura en galego no Día Grande das nosas letras, atopando xusto no momento en que entrábamos baixo as portas da Casa do Pobo socialista a un auténtico home do mar, o noso querido usuario Mikel, en plena acción lectora. Entonando versos de Uxío Novoneyra, supoñemos: máis Guerreiro Poeta que nunca. Pero non se agotaron aquí os actos programados no espléndido e veraniego luns 17 de maio de 2010: non moi lonxe da que foi a antiga sede do histórico Bar London, na Casa de Pedra, ademáis de levarse a cabo a entrega dos premios do Certame Literario Intercentros, os rapaces da Escola de Teatro de Camelle representaron anacos das comedias "A consulta do doctor Melquíades", "Os charlatáns" e "As aventuras de Peluquillas Langarillas". Con notable éxito de público e crítica.
0#RE: Dia das Letras Galegas 2010 —
E logo ti de quen es20/05/2010 12:47
Felicitacions para os participantes e para os organizadores, e para todos aqueles que fan posible a convivencia armonica das duas linguas. Quen me hubera dado estar ahí.
Comentarios
Saudos
Antonio
Quen me hubera dado estar ahí.
E logo ti de quen es.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.