- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 03 Mai 2010 03 Mai 2010
Premio a toda unha vida de duro traballo

As tres finalistas do I Premio Muller Pola Igualdade de Camariñas posan co Alcalde co coro ao fondo
Moitas e moi xustificadas serían as candidaturas, mulleres camariñanas merecedoras de xusto recoñecemento por toda unha vida de traballo e sacrificio, pero lamentablemente premiada só podía ser unha. E a elexida resultou ser Dona Divina Quiza Carril, nai do gran amigo desta redacción Juan José "O Coto" e sogra do noso querido usuario Delmiro Campaña Carril (Gavilán), unha muller que dende a súa antiga casa da Calle do Medio tanto e tan duro traballou no Muelle do Curbeiro nunha infinidade de longas e frías noites de labouras relacionadas co mundo do peixe e que ve xustamente recoñecida pola sociedade civil da súa vila natal toda aquela esforzada labor para sacar aos seus adiante. Agora xa retirada no seu actual fogar da Carretera do Faro, desfruta dunha máis que merecida e nunca suficiente pensión, sempre acompañada do cariño dos seus. As outras dúas finalistas foron a xaviñana Dolores Rodríguez Bermúdez, actual Presidenta da Asociación de Mariscadores, e Ana María Fondo Canosa, xerente en xefe de Autos Fondo, a gran compañía de transportes do Concello de Camariñas. Todas elas recibiron unha máis que merecida homenaxe este sábado 1 de maio de 2010, Día do Traballo, nun entrañable acto de entrega de premios celebrado na Casa de Pedra pola Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade e no que camarinas.eu estivo presente e captou unha pequena galería fotográfica.










Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.