3.9247311827957 1 1 1 1 1 Rating 3.92 (93 Votes)

Bautizo nunha típica familia camariñana

Imaxe que capta o preciso momento no que Don Jesús aplica o sacramento do bautismo á pequena Adriana
Imaxe que capta o preciso momento no que Don Jesús aplica o sacramento do bautismo á pequena Adriana

Vanse sucedendo as estapas na vida das boas xentes de Camariñas e todas elas quedan rexistradas en camarinas.eu, a gran páxina do noso concello aberta ao mundo. Así, en data tan lonxana como o 11 de agosto de 2008 publicábamos unha ampla reportaxe do casamento entre Begoña Carril e Miguel Vázquez os que, co pasar do tempo, foron precisamente os elexidos para ser padriños da súa sobriña, unha fermosa rapaciña chamada Adriana, segunda filla do matrimonio formado por José Manuel Mouzo e María José Carril. Esta ven a ser unha parella que plasma  perfectamente a historia de Camariñas, por ser el un home adicado ás esforzadas labouras do mar, mentras María José enfila tódolos días o camiño de Cedeira para traballar, como tantas e tantas mulleres ao longo da historia desta pequena e apartada vila costeira, na Fábrica de Cerdeiras. E tamén cumprindo cas inmemoriais tradicións católicas de tan milenaria poboación decidiron cristianar á súa benxamina na Igrexa Parroquial de San Xurxo un sábado 17 de abril do ano do Noso Señor do 2010, oficiando as sacras artes do bautismo o noso cura-párroco Don Jesús e coronado todo elo cunha espléndida cena familiar no gran restaurante camariñán, o Puerto Arnela. Por todo elo, Adriana, benvida a esta gran familia cristiana.

Comentarios   

adry
+4 # q tan bonitiña é adrianaadry 20/04/2010 12:06
Eu xa a vin os días de nacer, e é bonitísima a miña tocaya:-)é igualiña a sua irmán cristina, tan tranquiliña que está todo día dormindo!!!!! Ahora falta Alma que tamén é preciosa!!! que pase o tempo e que reluzan eses ollazos que ten:-)
A miña sandriña toda bonita,jajajaj moitos biquiños.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Bautizos.eu: Adriana Mouzo Carrilrubiasexy 20/04/2010 16:37
pos felicidades aesa nena tam bonita as fotos muy bonitas si señor sefa
Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # RE: Bautizos.eu: Adriana Mouzo Carrilduquesa 20/04/2010 19:09
mira a miña nora tan guapa fui si señor eche ben bonita oh
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: Bautizos.eu: Adriana Mouzo Carrilmantida 20/04/2010 21:51
Desearllle a Jose Manuel e Maria JOse que sean muy felises con adriana.
Denunciar ante o administrador
Juan Camariñan
+1 # RE: Bautizos.eu: Adriana Mouzo CarrilJuan Camariñan 20/04/2010 23:13
Miñas felicitacions a toda familia e en especial a Jose por esa neniña tan Juapiña.Saludos Campeon.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.