- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 01 Abril 2010 01 Abril 2010
Tódalas imaxes da inauguración da XX Mostra

Fernández Moreda, o gran mecenas da Mostra do Encaixe, e Pichurri cortan a cinta inaugural
Cumprindo escrupulosamente ca tradición establecida, cara ás tres da tarde deste mércores 31 de marzo de 2010 inaugurouse unha nova edición da Mostra do Encaixe. Pero esta constituía a número vinte dende que un lonxano mércores de Semana Santa de 1991 botara a andar o maior concentración internacional do Encaixe de Bolillos. "Vinte anos non son nada", recordaba as sufridas e inevitables palabras do tango no seu discurso o gran Padriño da Mostra camariñana, Salvador Fernández Moreda. Ao Presidente da Deputación da Coruña, acompañábano representando ao mundillo político o alcalde Pichurri, o Subdelegado do Goberno José Manuel Pose Mesura e a Directora Xeral de Comercio María Nava Castro. Tralos discursos os políticos percorreron un recinto feiral no que predomina a representación da Catedral de Santiago de Compostela no ano xacobeo e no que se reservaron ata trinta stands ca correspondente presencia internacional. Despois, foron ver un dos desfiles de modelos que lamentablemente este ano non se verán acompañados do gran concurso de beleza do Mostra Beauty. O xerente da empresa de modelos, que non quería, disque. En fin, el se lo pierde. Pero nin esta negativa evitará que camarinas.eu falte á cita ca maior feira mundial do Encaixe de Bolillos, un dos motores económicos do Concello, e así captou unha galería cas mellores 150 imaxes da inauguración da XX Mostra do Encaixe.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.