3.75 1 1 1 1 1 Rating 3.75 (40 Votes)

O Pincho, o local onde sempre son os anos 70

Quen sabe si algunha destas cremas non fará a súa aparición explosiva no Pincho este venres
Quen sabe si algunha destas cremas non fará a súa aparición explosiva no Pincho este venres

Bueno, sempre, sempre non, pero este venres 2 de abril si, cando os xerentes do local de moda porteño monten unha nostálxica festa onde a mellor música e os festivos atavíos floridos das que foron as épocas douradas da Ponte do Porto revivan por un día.  Uns días dourados dos que o Pub Pincho fui protagonista por dereito propio, nos anos 70 e 80, ata que que a luz que brilaba empezou a perder fulgor pouco a pouco ata casi extinguirse cáseque definitivamente. Pero por un día volverán os bos tempos cunha impresionante oferta lúdico-etílica que invitará a todo un chupitazo a cambio de cada copa non sendo descartable que a xerencia deste histórico local porteño teña contratado a un feiticeiro vudú para que ca súa maxia faga que as muchedumbres volvan ás rúas da mercantil vila do Río Grande. Pero mentras os feitizos non surten efecto e non volven os días dourados da Ponte, alí levarase a cabo un festaza que deixará unhas fotos que non terá desperdicio. O do vudú non o sabemos, pero o das fotos eso sí está claro.


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.