O Cachelo agasallou ao público que asistío á inauguración do seu local cun despelote total e masivo
...Ejem... finalmente, o desfile cultural da pasarela intelectual que inunda nestes crepusculares e decadentes días a Costa da Morte chegou a Camariñas. Tal vez sexa hora de ir lendo un deses tratados acerca dos días que precederon á caída de Roma e de como cando chegaron os bárbaros ás portas mesmas da cidade atoparon alí a un centinela que a duras penas se sostiña en pe apoiado na súa lanza. O caso é que aquí en camarinas.eu unha das nosas divisas é a do apoio ao empresariado camariñán, por elo todo local que se inaugure ten dereito a unha portada no xigante mediático da Costa Atlántica. Este venres 26 de marzo abríase o Café Bar Cachelo, sito na remozada avenida Juan Carlos I, unha rúa que quere revivir esplendores pasados e volver a ser a gran cita da movida camariñana con centos de festeiros inundando toda la avenida, e así Lucía Carril Ageitos (alerta xornalística permanente) desplazouse ata o lugar en doble sesión de venres e sábado para captar as fotos do despelote masculino e femenino co que o xerente do local agasallou ao seu público. Unhas fotos ás que nos vemos obrigados a poñer o doble rombo aquel das películas da transición e que por tanto están vedadas para o público infantil. Pero bueno, cousas peores se ven (e se oien) a calquer hora na televisión desta España arruinada moral e económicamente dos nosos días. En fin, eche o que hai...
+4#RE: Inauguracion dun novo local en Camariñas —
MBCA28/03/2010 23:42
o meyor local de toda redonda,sen duda algunha..!! esto era oq nos facia falta en camariñas paq a xente volva a salir no pueblo e nn sala tanto a fora.. esta geniiall todo..enorabuena a decoradora tamen,jeje!!qedouche estupendo!! un saludo
+3#RE: Inauguracion dun novo local en Camariñas —
lucia01828/03/2010 23:58
Sin duda estase como na casa, e o que facia falta pa camariñas, esperemos que ahora vaia abendo mas xentiña, en camariñas, e que non todo o mundo marche pa puenteceso, viernes e sábado de maravilla, no cachelo,e como di miña irman chulísimo todo por dentro enhorabuena a decoradora, jejej bikasos e moita suerte!!!
Comentarios
esto era oq nos facia falta en camariñas paq a xente volva a salir no pueblo e nn sala tanto a fora..
esta geniiall todo..enorabuen a a decoradora tamen,jeje!!qed ouche estupendo!!
un saludo
por la cerveza y unas tapas.
1,85 de altura
75 kilos
1.10 de torax
musculatura como una piedra.
depilado a la cera,todo,todo,todo.
marchoso como pocos.
me miras y molas.
contactarse a :nomemiresasi@quemematas.es
non vos levedes pola foto que teño muita roupa ensima de min.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.