- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 26 Marzo 2010 26 Marzo 2010
O sábado 3 de abril, impresionante cena no CNC

O decano dos clubs náuticos da Costa da Morte organiza a primeira edición da Gran Cena de Primavera
Este sábado 3 de abril, as 22:00 horas da noite, coincidindo co Sábado Santo da semana na que hai preto de 2000 anos tivo lugar a paixón, morte e resurrección do noso Señor Xesucristo, celebrarase no Club Náutico de Camariñas a primeira gran cena da temporada. Estamos a falar da Gran Cena de Primavera do CNC. Un institución náutica pioneira en tantas cousas nesta Costa da Morte dos nosos pecados non podía permanecer allea a unhas datas tan importantes para o Concello de Camariñas e así decide sumarse aos festexos da XX edición da Mostra de Encaixe levando a cabo a primeira edición dun evento que se pretende repetir anualmente. Porque non hai mellor forma de saudar a chegada da primavera que cun ha comida por todo o alto protagonizada por un menú selecto e de calidade e amenizada por un gran orquesta que logrará que todos olvidemos as consecuencias dun inverno duro e cruel. Os interesados en participar no gran evento gastronómico da Semana Santa xa poden ir reservando plaza chamando ao 981-737130. Aquí en camarinas.eu, xa temos billete. Pulsa na imaxe para consultar o menú da Gran Cena de Primavera do CNC.
O menú preparado para esta especial ocasión e o seguinte:
ALMEIXAS A MARINERA
LANGOSTINOS
CARNE EN ROLLO
TARTA HELADA E FLAN CON NATA
CAFÉ
VIÑO: RIOJA VIÑA ALCORTA
BAILE CON ORQUESTA
Para información e reservas, dirixirse ao Club Náutico o chamar ao teléfono da cafetería: 981-737130
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.